miércoles, 11 de junio de 2008

Curso Escalada de Varios Largos. FGM- EGAM

Lugar: Eume

Data: 21 e 22 de xuño de 2008


Prezo: 72 Euros


Prazas: 10 Persoas - número mínimo de asistentes para realizar o curso 5 persoas.


Destinatarios: Curso orientado a aquelas persoas que tendo coñecementos de escalada deportiva queran iniciarse nas técnicas da escalada de vías de varios longos en terreo equipado.

Datos da actividade: Información nos clubes federados de Galicia e na Federación Galega de Montañismo de luns a venres de 19:30h ata as 21:30h.

Material: Material necesario:
Arnés
Pés de gato
3 mosquetóns HMS
Cordiño de 7 mm
Sistema de freo
Corda de >10mm 1 UIAA

Contidos:

· Material e nós.
· Motaxe de reunións e triangulacións.
· Sistemas de progresión en cordada.
· Loxística dunha ascensión e avaliación de riscos.
· Sistemática do Rápel en parede
· Catalogación e interpretación de croquis.


Requisitos:
·Ter solicitada a licencia federativa da F.G.M. do ano en curso.
·Permiso paterno para os menores de 18 anos.
·Imprescindible escalar cun nivel de 6a en escalada deportiva como mínimo.
·Coñecemento do material básico da escalada deportiva e a súa utilización.


Inscrición: Farase nos clubs. Non será definitiva ata que se faga o pago. En caso de máis solicitudes que prazas, a distribución das mesmas será realizada en función do número de licenzas de cada clube.

Data límite: mércores 18 de xuño de 2008.

No hay comentarios: