miércoles, 5 de enero de 2011

Empieza mal el 2011.

Desde Vigo nos han comunicado iniciativas de protección del Galiñeiro, ante el proyecto de la Xunta de instalar un parque eólico en dicha sierra.

Ha nacido una plataforma de defensa del Galiñeiro, que propone ciertas actividades de defensa de este fantástico paraje natural.

Para más información: pura@edu.xunta.es


Nace un movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”


14 colectivos organizan o día 28 a súa primeira actividade conxunta.

Catorce colectivos de diversa índole veñen de pór en marcha unha campaña conxunta para conseguir a protección da Serra do Galiñeiro e así conservar os seus diversos valores. Asociacións de veciños como a de Vincios ou a do Casco Vello de Vigo, asociacións de montañeiros como Montañeiros Celtas ou a Federación Galega de Montañismo, asociacións ecoloxistas como Adega, A Ría Non se Vende, A Groba, Plataforma pola defensa da ría de Vigo “Cíes”, Salvemos Monteferro, S.O.S. Groba ou Verdegaia, a Comunidade de Montes de Vincios, o Clube de espeleoloxía “O Maúxo” e o Instituto de Estudos Miñoranos están detrás desta iniciativa.

A Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui, alberga numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais polo que as asociacións citadas pensamos que teñen que ser protexidos amparándose nas lexislacións europea, estatal, galega e municipal vixentes.

Solicitamos a protección da Serra do Galiñeiro porque queremos seguir tendo: Un referente paisaxístico para as bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, Baixo Miño e O Morrazo, un rico patrimonio xeolóxico e hábitats que acollen flora e fauna de escasa presenza en Galicia. Queremos seguir disfrutando dos petróglifos e das mámoas, das numerosas cavidades existentes na Serra, que foron abrigueiro de pastores e canteiros, e do seu rico patrimonio inmaterial. Queremos continuar coa xestión de aproveitamento multifuncional que moitas Comunidades de Montes fan do Galiñeiro.

Toda a Serra ofrece numerosos servizos económicos, de lecer, deportivos e culturais nunha área tan densamente poboada como é a área metropolitana de Vigo, aos que temos que sumar os aspectos didácticos relacionados coas Ciencias Naturais e Sociais. O Galiñéiro abastece as traídas de augas da veciñanza de toda esta área e tamén acolle pastoreo de gando ceibe: cabalos, vacas, ovellas e cabras.

Denunciamos os Proxectos e actuacións altamente impactantes que destragan a Serra, impulsados por un desarrollismo que ignora as súas catastróficas actuacións: plantacións de especies foráneas como eucaliptos ou piñeiros, zonas inzadas de acacias, proliferación de canteiras, moitas delas ilegais, e outras sen a debida restauración. Presión de grandes infraestruturas como a construción de parques eólicos, estradas de circunvalación de áreas urbanas, son novas ameazas que se suman ao deterioro habitual de pistas e movementos de terra sen control, aos vertedoiros incontrolados de lixo e entullos, ao tránsito frecuente de motos de cross e quads fora dos camiños e incluso á acampada ilegal.

A primeira actividade conxunta que se vai organizar será un debate que terá lugar na Aula de Cultura “Pontes das Rosas” de Gondomar (Avda. da Feira, nº 10) o vindeiro martes 28 ás 20 h sobre as figuras de protección máis acaídas para esta serra os efectos da declaración desas figuras, os usos compatibles e a influenza socioeconómica e os valores da serra. Neste debate participarán Francisco J. Benítez Gómez, biólogo e Director Técnico da Consultoría de Estudos de Impacto Ambiental ALCIONE, Adolfo Cordero Rivera, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo e exmembro do Observatorio Galego sobre a Conservación da Natureza, e Gonzalo Puerto Arribas, Director do Parque Natural do Monte Aloia e Técnico
Provincial da Rede Natura en Pontevedra.

Proximas actividades:

O Xoves 13 de Xaneiro temos en Vincios Gondomar, a cuarta reunión da plataforma, e no Centro cultural de Vincios e pode asistir os que queiran, a nivel individual ou representando un grupo ou asociación, simplemente para axudar o votar unha man.Pasar aos vosos contactos, como montañeiros podemos propoñer ,organizar unha marcha que podria ser por exemplo o Domingo 13 Domingo de Febreiro ou o Domingo 20 ou calquera outro Domingo que non teñamos actividade de Club ou Federación.Podria ser a I Andaina pola defensa do Galiñeiro, empezar sobre as 10:00 percorrer a Serra, Cumio Norte e Sur, comer na parque forestal, pancarta, bocatas, venda de camisetas, prensa, carteis, rematar sobre as 16:00 , podriamos xuntar sobre 300 -500 persoas facilmente, para crear presión nos medios, e seria a primeira das podria haber máis.

No hay comentarios: